Brath

44 anos.

#
#
#

Historia

44 anos de música enriba dos escenarios

BRATH é a banda que no ano 80 incorpora por primeira vez ao folk galego instrumentos que ata de aquela estaban reservados para o rock, como a batería e as guitarras eléctricas. Con esta nova visión da música galega, que naqueles intres foi toda unha revolución, iniciouse un camiño que pouco a pouco recorrerían a maioría dos grupos do noso país.

Brath que nacía coa filosofía de achegar á xente moza a nosa música de raíz, utilizou dende o principio a mestura de diferentes estilos de música como o pop ou rock, para a traveso de diferentes formulas, crear unha nova música galega a partires da tradición.

En estes 44 anos o grupo que lidera Eloi Caldeiro gravou 11 albumes e varias bandas sonoras para o cine e TV., participando en discos colectivos e recompilatorios. No ano 2001 foi nomeado aos Premios da Música co tema "Burka" como mellor canción, así mesmo BRATH levou a súa música a diferentes países de Europa e América, nos cerca de 1000 concertos que realizou nestes 44 anos.

Lugares tan emblemáticos como o Auditorio Monte do Gozo en Santiago, o Auditorio García Barbón de Vigo, Palacio da Opera de A Coruña, Teatro Real de Madrid, Auditorio Manuel Falla de Granada, Teatro Campoamor de Oviedo, Centro Cultural de la Villa (Madrid), Auditorio de Monjuich en Barcelona, Expo 92 de Sevilla,... son algúns dos marcos que acolleron a música de BRATH. Tamén teñen actuado en diferentes festivais, como o Festival Interceltico de L'Orient (Bretaña), Festival de Ortigueira, Festival Celta de Vigo, Segovia Folk, Festival de Murcia,... e en diferentes países europeos como Portugal, Francia, ..., ou América: Arxentina, Brasil,... e centos de programas de radio e TV.

Caldeiro, compositor, voz e batería de BRATH, foi pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos e estilos. Xa no ano 1976 funda o primeiro grupo de rock galego "TEBRAS" onde ademais de cantar en galego mestura por primeira vez a gaita coa batería e as guitarras eléctricas, no que se deu en chamar Rock Progresivo.

No ano 1980 funda BRATH, con filosofía parecida a anterior, abandonando os textos nos temas. Inicialmente Eloi é batería e percusionista do grupo, pero a partires do ano 1999 ademais de batería pon a voz posto que a partir deste ano, BRATH abandona a liña instrumental, para incluír letras en algúns temas.

No ano 2018 RNE-Radio3 escolleu a BRATH como representante no EuroRadio Folk Festival celebrado en Moscú

Na actualidade BRATH remata de gravar un novo disco que ten previsto lanzar proximamente e que aportará novidades importantes.

Nestes 44 anos de carreira musical Brath compartiu cartel e escenario coa maioría dos artistas do folk mundial: Alan Stivell, Gwendall, Boys of the Loug, Oskorri, Kepa Junkera, Julio Pereira, David Spillane, Omara Portuondo, etc etc, así como a maioría de grupos e artistas do noso país.

17 álbumes
300 Composicións

Contratación

BRATH, banda de música celta, nace no ano 1980 e caracterizase dende a súa fundación pola mestizaxe da música celta con ritmos e melodías de diferentes lugares e estilos, presenta o seu novo álbum.